jueves, 26 de noviembre de 2009

SUBIR VIDEOS PARA O MÓBIL

A entrada desta ocasión venme motivada por unha teima de dar cun xeito de poder subir, dunha maneira sinxela, videos da web para o noso móbil... Supoño que como todo nesta vida para chegar ó mesmo sitio lo mismo temos 50 camiños, nembargantes(toma palabro) din cun xeito que podemos catalogar, sen medo a nos engañar, de vergatario.
De todas maneiras hai un detalle que a certos usuarios non lles agrada, i é que na versión gratuita desta aplicación, sae impreso un logotipo na parte superior da pantalla. A min persoalmente non me importa, pero aló cada un.
O proceso requere numerosos pasos, pero teremos en conta que unha vez descargado o complemento de firefox, que paso a describir, teremos moito feito e a bon seguro que o aproveitaremos en variopintas ocasións.
Para descargar videos dende multiples websites, música, etc.
En 1º lugar necesitaremos o navegador Mozilla Firefox. O que non o teña este é bon momento para facerse con él( descarga ). É rápido, seguro e non pertenece ó monopolio Gates. ¿Qué máis se pode pedir?
Unha vez descargado imos a Marcadores e picamos en; Consiga complementos para marcadores.
Pasamos a buscar o que nos interesa nesta ocasión; Downloadhelper. Engadimos a marcadores e xa temos as bolitas.
Estas bolitas son el demonio, en canto detectan algo susceptible de ser baixado, poñense a traballar como unhas condenadas. ¿Que nos interesa un video de Youtube, un que nos chegou ó correo, ou calquera outra historia que topemos nas nosas navegadas? Pois unha vez que o atopemos i as bolitas dean en bulir, é o momento.
Desplegamos o menú e picamos en Descargar y convertir. Escollemos o formato 3gp( para móbil) e listo.Tamen podemos deixalo archivado no noso pc ou aloxalo no noso espacio web.

No caso do uso en móbil, unha vez descargado, non temos máis que pasalo archivo para o teléfono.
Con isto xa non temos que esperar a que os colegas nos pasen historias, agora iremos nos a por elas,....... Pon un Acti-milk en tu vida.(exemplo non apto para menores de idade nin para maiores de idade escrupulos@s)

É o momento do videotutorial!!!


3 comentarios:

leuco dijo...

vale frad,imos alo imolo aprovar ,gracias polas tuas vergas

leuco dijo...

ta vergatario xa o puxen dese o enlace e e de puta madre xa o provei cuns videos dunha paxina porno ke visito e vai vergatario esinxelo

leuco dijo...

xa o teño vai de pinga ,xa o provei